Sunday 05 de May de 2024

O Concello de Malpica estreará o domingo as actividades culturais de verán cunha proxección ao aire libre


Trátase do filme ‘María Solinha’, de Ignacio Vilar, que terá lugar o domingo 5 de xullo a partir das 22:00 horas na rúa Principal.

O Concello de Malpica estreará este domingo no parque de Malpica as actividades culturais de verán cunha proxección ao aire libre. Trátase do filme ‘María Solinha’, de Ignacio Vilar.
A proxección comezará ás 22:00 horas do domingo, 5 de xullo, e para a que hai que retirar invitación, xa que o aforo será limitado. Inicialmente estaba previsto ubicar esta actividade no parque de Malpica, pero finalmente decidiuse optar pola RÚA Principal.
Durante a proxección, así como previa e posteriormente, garantiranse todas as medidas de seguridade, aforo e hixienización derivadas do contexto sanitario provocado pola COVID-19. Á mesma acudirá o director, Ignacio Vilar.
Trátase dun proxecto inédito, no que supón de exhibición con carácter de estrea e primicia mundial dun filme, galego e en galego, en localidades medianas e pequenas que non contan con sala de cine comercial. Na peza, realidade e ficción mestúranse para construír unha película que ‘non é unha historia de mulleres, senón unha historia de amor que trascende o xénero’.
O aforo regularase por orde de chegada , e estímase que arredor dunhas cen persoas poderán ocupar as cadeiras e ser protagonistas desta estrea a nivel galego.